Wednesday 01 de May de 2024

Un grupo de laracheses desfruta nesta semana da excursión pola provincia de León que organiza o concello


Partiron onte luns e regresarán o regresarán o venres.

Un grupo de laracheses está a desfrutar nesta semana da excursión pola provincia de León que organiza o Concello para ofrecer ao colectivo das persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas unha proposta cultural e de ocio que, ademais, favorece o envellecemento activo e fomenta as relacións sociais entre ese grupo de idade. Forman parte da expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Servizos Sociais, Rocío López.

A viaxe iniciouse onte luns e finalizará o venres. Durante estas cinco xornadas visitarán a cidade de León e outras localidades como Astorga -onde visitaron hoxe a Catedral de Santa María e o Palacio de Gaudí-, Castrillo de los Polvazares, Ponferrada e Villafranca del Bierzo. Tamén realizarán un percorrido en barco polos coñecidos como Fiordos Leoneses no pantano de Riaño e visitarán a Cova de Valporquero, así como museos e os puntos de interese máis destacados das citadas localidades.

O Concello subvenciona a excursión asumindo o custe do transporte en autobús.